Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Hábitos de consumo

Máis da metade dos internautas galegos non sobe contidos á rede

O Consello da Cultura analizou os datos da enquisa anual Navegantes na Rede, que amosa un rotundo dominio da web sobre outros servizos de internet.

Redacción - 18:00 03/07/2009

O Observatorio do Consello da Cultura presentou unha análise dos hábitos de uso da internet en Galiza. Para iso, baseouse nos datos da enquisa anual Navegantes na Rede, na que participan numerosas persoas internautas.

Pouca xeración de contidos
No ano 2008, algo menos da metade das persoas consultadas formaban parte dunha rede social, aínda que se pode adiviñar que estes datos aumentarán no ano 2009. Tamén é minoritaria a participación dos internautas subindo contidos á internet, cun 42,5%. Os contidos máis subidos son fotografías (31,2) e textos (19%). Os vídeos e a música quedaron por debaixo do 10 por cento.

Segundo as informacións analizadas, actividades xa tan tradicionais como a navegación pola web ou o uso do correo electrónico seguen a ser as máis empregadas e van en aumento, mentres que protocolos como o FTP ou mesmo o intercambio de arquivos por P2P van en descenso. Tamén seguen caendo o chat IRC e a mensaxería instantánea, neste informe.

O estudo detecta tamén que segue a diminuír o uso de webs persoais en favor dos blogs, que resultan un xeito moito máis doado de expresarse na rede. Case dúas de cada tres persoas que contestaron o inquérito aseguraron visitar unha bitácora no último mes. Por outra banda, o uso da rede provocou dedicarlle menos tempo, principalmente, á televisión, con case sete de cada 10 respostas.

Consumo cultural
No que se refire, máis concretamente, ao consumo cultural, no ano 2008 entrou na lista a descarga de programas de televisión, cun 15,5%. O resto das actividades seguen practicamente invariábeis, con case un 90% de lectura de noticias, un 70 de visualización en liña de vídeos, seguidos de descargas de música, de filmes e da consulta de carteleiras.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: