Os locais impuxéronse a Canadá na final, mentres que Cataluña doulle unha boa tunda a Galiza na loita pola terceira posición.
Imaxe da final de consolación
A irmandiña de baloncesto rematou cuarta no Torneo das Nacións que se disputou en Euskadi a pasada fin de semana, e que rematou gañando a selección local, ao impoñerse na final a Canadá por 75 a 68. Os vascos revalidan así o título acadado o ano anterior, fronte a unha selección canadense na que finalmente non xogaron Samuel Dalembert e Jamaal Magloire. No outro partido da xornada Galiza sucumbiu fronte a Cataluña e perdeu a final de consolación.
O equipo que dirixía Diego Ocampo debutou perdendo por 84 a 80 fronte a Euskadi, nun encontro que se mantivo moi axustado até o descanso. Dende ese momento os xogadores locais comezaron a dominar o resalto e estiraron a diferenza até os 15 puntos, malia que na recta final o combinado galego conseguiu acurtar as diferenzas. Na loita polo terceiro posto Galiza enfrontouse a Cataluña e viuse claramente superada ao non ser capaz de recuperarse despois dun pésimo comezo de partido. Así, o resultado final deste encontro foi de 93 a 72,