A astronomía de raios gamma vén de descubrir uns estraños obxectos na Vía Láctea, na nosa Galaxia. Estes obxectos misteriosos son unha fonte de raios gamma de elevada enerxía. Os raios gamma son os fotóns de maior enerxía do espectro electromagnético.
Segundo Neil Gehrels, astrofísico da NASA, son obxectos nunca
observados con anterioridade. Para Gehrels son moi diferentes ás fontes de explosión de
raios gamma, porque neste caso a emisión é continua. Os raios gamma son invisibles para
os nosos ollos e teñen una cantidade de enerxía moita máis elevada que a luz visible,
os raios X e a radiación ultravioleta. De feito os raios gamma emitidos polos obxectos
recen descubertos son uns centos de millóns de veces máis potentes cá luz visible.
As fontes coñecidas de emisión de raios gamma en todo o universo son 271. Delas, 170
aínda están sen identificar. Os astrónomos levas 20 anos tratando de asocia-las fontes
non identificada con obxectos coñecidos que emiten outro tipo de luz.
Moitas destas fontes poden ser obxectos coñecidos, febles para identificalos, ou
escurecidos por 'néboas' cósmicas. Os novos obxectos están situados no Cinto de Gould,
unha banda de estrelas quentes que forman un círculo ó redor do ceo. As posibilidades
para identificar estas fontes son buratos negros actuando como aceleradores de
partículas, estrelas masivas ou raros cúmulos de púlsares, entre outras teorías.
Máis
información.