No Canal Murguía cóntannos da memoria deste guerrilleiro, recordado nun acto en Melide este sábado.
O seu compromiso e realidade será lembrado este sábado, 27 de xuño, nunha agardada homenaxe.
Na sala de conferencias da Biblioteca Municipal de Melide, no edificio Multiusos, dará inicio ás 19 horas a devandita lembranza. O acto arrancará coa participación de Carlos Parrado, autor dunha biografía sob o título "Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco" e do historiador Carlos Velasco Souto, da Universidade da Coruña.
De seguido, as e os asistentes à homenaxe de Melide desprazaranse à terra natal de Rodríguez Varela para procederen cara ás 20 horas á descuberta dunha pedra e placa de bronce no adro da parroquia de Vilamor (Toques), en honra á memoria do guerrilleiro.
Máis información no Canal Murguía