Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÚSICA EMERXENTE DE GALIZA

Pito de Pikasso e Supersandwich teñen novos discos

Coa chegada do verán abondan os grupos que aquelan os traballos cos que van zumbar pola xeografía do país adiante durante o período estival.

Redacción - 08:00 26/06/2009

Supersandwich e Pito de Pikasso son dous dos grupos que refrescarán o panorama musical galego neste verán coa chegada dos seus novos traballos.

Os 11 músicos de Supersandwich remataron o pasado 20 de xuño a primeira parte dunha xira coa que promocionan o seu primeiro traballo de longa duración, que leva o nome do grupo. Durante esta xira actuaron en Carballo, Melide, Lugo e Compostela, conseguindo nesta última cidade encher a Sala Capitol e vender así máis de 350 entradas.

O feito de que as entradas se venderan a co disco permitiulle a esta agrupación nacida entre Boiro e Compostela vender xa máis de 600 copias dun traballo que aínda non chegou ás tendas de música. O disco está composto por 13 temas, todos cantados en castelán, entre os que atopamos títulos como Estás buenísima, El funky me excita, Vaca ou Bruce Lee. A gravación foi feita principalmente nos estudos Abrigueiro, en Friol, con Arturo Vaquero. A voz gravouse en Barcelona, nos estudos Nación Funk.

Pito de Pikasso está rematando KRAKSH!¡!
Os composteláns do Pito de Pikasso están a piques de sacar o seu primeiro disco, que levará por título KRAKSH!¡! e estará na rúa a comezos do mes de xullo. O disco foi gravado nos estudos Pousada Son, en Ames, durante o mes de maio e os arranxos realizounas e empresa Autoedita. Este traballo recolle o traballo feito polo grupo dende o seu nacemento, no ano 2004, e constitúe unha prolongación da súa primeira maqueta, que levaba por título "El sentido está por venir".

É un traballo que contén 12 temas, dos que tres están cantados en castelán e nove en galego. Algunhas cancións xa foran gravadas en traballos anteriores, como Pepiño, Las abuelas vengadoras ou La trágica vida del niño huevo. Tamén hai temas inéditos, como é o caso de Fixen filloas, O cativo, Normal ou A parrocha.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: