Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
dun seu polémico texto contra o galego

A Xunta desmárcase da FAES de Aznar

O Goberno sinala que "non se responsabiliza nin está de acordo" cun informe da asociación que describe a lingua galega coma un dialecto.

Redacción / EP - 08:00 25/06/2009

"A Xunta non se fai responsábel e non está de acordo co informe sobre o galego publicado na páxina web da FAES", sentenciou o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, no Parlamento.

O documento, no que se describe a lingua galega coma un dialecto, foi exposto polo deputado socialista Francisco Cerviño nunha pregunta ao conselleiro, na que lle lembrou que "o PP está vinculado" a esta fundación, presidida polo ex presidente do goberno español, José María Aznar. En resposta ao deputado da oposición, o conselleiro fixo fincapé en que a propia fundación "non se fai responsábel" dos textos publicados, e subliñou que persoas "do seu colectivo" -en referencia ao PSOE-, como a ministra Cristina Garmendia, tamén participan na FAES.

No entanto, Cerviño advertiu de que o documento da "fundación vinculada ao PP" segue "pendurado" na páxina web e constatou que, a pesar das súas palabras, "os primeiros pasos (do conselleiro) non van na dirección" de apoiar ao galego. "Nin eu nin ningún cargo institucional está en contra da lingua galega", aseverou o Vázquez, quen precisou que o documento "só se pode atribuír a un autor". Respecto disto, afirmou que se trata dun documento "superficial" que "carece de fontes" sobre os temas abordados e que "concentra a opinión dun autor". "Non é un estudo científico", resolveu.


1,5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: