Un dos edís do BNG decidiu votar polo seu compañeiro de partido en lugar do candidato socialista, que aspiraba a substituír o dimitido alcalde do PSdeG.
A falta de acordo entre os dous concelleiros do BNG deulle, finalmente, a alcaldía de Vilariño de Conso ao PPdeG. O nacionalista Domingo Domínguez votou polo seu compañeiro de grupo Carlos Rodríguez, quen á súa vez apoiou o candidato do PSdeG, Xosé Antonio Basteiro, tal e como anunciara.
Deste xeito, o novo alcalde será Ventura Sierra, do PPdeG. O empate a tres dos candidatos socialista e popular deulle a alcaldía a este último, por ter sido a formación máis votada.
Estaba previsto que Basteiro tomase o bastón de mando da alcaldía de Vilariño de Conso despois da renuncia ao cargo que presentara o tamén socialista Arcadio González, que saíra dos comicios de 2007.