Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
constatando o grao de cumprimento de Quioto

Os pontevedreses saberán o que contribúen a estragar a Capa de Ozono

Pontevedra será a primeira cidade do Estado Español que calcule o seu impacto no efecto invernadoiro.

Redacción - 09:00 19/06/2009
Imaxe de Ence, na ría de Pontevedra / Flickr: surfercosmovision

Imaxe de Ence, na ría de Pontevedra / Flickr: surfercosmovision

Pontevedra converterase na primeira cidade do Estado Español que calcule o seu impacto no efecto invernadoiro, grazas a un estudo que a Concellaría de Medio Ambiente que está desenvolvendo coa finalidade de constatar o grao de cumprimento do Protocolo de Quioto.

As primeiras consecuencias que reporta o estudo en marcha, similar a outro traballo que se efectúa en Sevilla, sinalan que o municipio de Pontevedra emite ao ano un total de 758.779,63 toneladas de CO2, o que supón o 3% das emisións de gases de efecto invernadoiro de Galiza. "O paso seguinte será facer a estimación de CO2 que o Concello reabsorbe por capturas nos distintos sumidoiros", sinalou a concelleira de Medio Ambiente, Celia Alonso.

O proxecto piloto realizado na cidade parte do cálculo das emisións totais a partir das principais fontes emisoras de entre as que destaca o enerxético como máis significativo.

As principais fontes de emisión de gases da cidade do Lérez
"Estímase que as centrais térmicas e as instalacións de coxeneración producen o 57,4 % dos gases de Pontevedra, mentres que a segunda fonte de emisión (o tránsito) produce o 26,5%. A continuación sitúanse as calefaccións co 7,8%; as emisións xeradas polo tratamento e eliminación de residuos, cun 2,7%; mentres que os procesos industriais liberan apenas o 1,1%", segundo os datos que achegou Celia Alonso.

A concelleira destacou a importancia deste traballo que "demostra a responsabilidade real e individual que os cidadáns, un a un, temos na xeración de gases de efecto invernadoiro", e que permitirá determinar "se Pontevedra é un municipio produtor ou secuestrador de dióxido de carbono, arbitrando as medidas correctoras que se estimen precisas".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: