Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Déficit comercial

A Literatura e o audiovisual lideran a exportación cultural

Un informe do Observatorio do Consello da Cultura amosa un desfase de case cinco mil millóns de euros entre importacións e exportacións culturais. Literatura e audiovisual, únicos sectores con saldo positivo.

Redacción - 11:50 21/06/2009
Na Feira do Libro da Habana presentáronse publicacións galegas

Na Feira do Libro da Habana presentáronse publicacións galegas

A exportación de produtos culturais galegos descendeu no ano 2008. Segundo a análise do Observatorio do Consello da Cultura baseándose en datos do Instituto Galego de Estatística, o ano pasado exportáronse 6.875,5 millóns de euros e importáronse 11.580,2 millóns, o que amosa un claro déficit comercial no eido da cultura.

A análise tamén acha que os produtos editoriais foron os máis exportados, con pouco máis de 5.200 millóns de euros en 2008, seguidos do audiovisual, con 1.430 millóns. Nestes dous sectores, o saldo foi positivo.

No outro extremo están as pezas de arte, onde só se exportaron 86 millóns fronte aos 4.200 adquiridos. As restricións legais que existen para a venda deste tipo de material ao exterior teñen parte da culpa, segundo o informe do Consello.

Segundo os datos tomados dende o ano 2001, as exportacións acadaron o seu máximo en 2002, con 13.860 millóns de euros, retrocederon bruscamente e volveron acadar outro pico de 11.425 no ano 2006, cun leve descenso no período posterior e unha contración máis brusca en 2008. Precisamente, 2002 e 2006 foron os únicos anos con saldo positivo para a cultura do país. As importacións tamén se recortaron, moi levemente, en 2008 con respecto a 2007.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: