A dereita obtén a vitoria cunha porcentaxe de arredor do 38% dos votos.A dereita obtén a vitoria cunha porcentaxe de arredor do 38% dos votos.
Os cristián-demócratas da CDU e os socialcristiáns bávaros da CSU terían conseguido unha ampla vitoria en Alemaña nestes comicios europeos.
Así o apuntaban xa as enquisas a pé de urna realizadas polas emisoras públicas ARD e ZDF e o confirma o escrutinio, que lles outorga arredor do 38% dos votos, moi por riba do 21% que conseguirían os socialdemócratas da SPD.
Como terceira forza aparecen os Verdes (12% do voto). A continuación a FDP (10,9%), seguida da formación A Esquerda (7,6%).