Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Logo virá unha longa noite electoral

Os candidatos galegos votan en Vigo, Ares e Betanzos

Os candidatos do PPdeG non votan en Galiza. Os do PSdeG farano na provincia da Coruña, e a candidata nacionalista na de Pontevedra.

Redacción - 11:40 07/06/2009
A candidata do BNG, Ana Miranda

A candidata do BNG, Ana Miranda

Só os candidatos do PPdeG, Francisco Millán Mon e Carmen Fraga, votan fóra de Galiza. Os socialistas Antolín Sánchez Presedo e Rosa Miguélez exercerán o seu dereito ao voto en Betanzos e Ares, respectivamente; e a candidata do BNG, Ana Miranda, estará en Vigo, acompañando os seus pais, xa que ela emitiu o seu voto por correo.

Porén, todos os partidos programaron o seu centro de operacións en Compostela, para vivir o reconto electoral, que se coñecerá por volta das 22h00, cando terminen de votar todos os países da UE. PPdeG e PSdeG empregarán as súas sedes para facer o seguimento da xornada, mentres os nacionalistas escolleron o céntrico Hotel Compostela para se reuniren arredor da televisión.

Unha longa noite electoral
Tras o peche os colexios, ás 20h00, comezarán a coñecerse os primeiros resultados das enquisas a pé de urna, e irán chegando os candidatos e os integrantes dos distintos partidos ás súas bases de operacións para coñecer os apoios recibidos.

Na sede do PPdeG estarán o presidente do partido, e da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acompañado de varios dirixentes do partido. Na sede do PSdeG estarán os candidatos socialistas e o seu secretario xeral, Manuel Vázquez.
No Hotel Compostela daranse cita Ana Miranda, Guillerme Vázquez e "decenas de dirixentes e simpatizantes" da formación frontista.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Feijoo cos candidatos do PPdeG, Carmen Fraga e Millán Mon
Feijoo cos candidatos do PPdeG, Carmen Fraga e Millán Mon
Manuel Vázquez, con Lara Méndez (vicepresidenta da Deputación de Lugo) e o candidato Sánchez Presedo, durante a campaña
Manuel Vázquez, con Lara Méndez (vicepresidenta da Deputación de Lugo) e o candidato Sánchez Presedo, durante a campaña