Os alumnos do último curso de Arqueoloxía e Escultura da Escola Superior de Conservación e Restauración encargados da recuperación da heráldica e outros bens de interese a artístico do casco hístorico da cidade, retoman á volta de Semana Santa a segunda fase dos traballos.
Esta segunda fase de recuperación comprende a intervención dalgunhas pezas que permanecen inconclusas da primeira fase, como son a matización do merteiro de xuntas dalgún escudo grande da Praza do Teucro e o remate da virxe do ábside da igrexa de Santa María; peza de tratamento ben complicado polo primixenio estado de conservación con presencia de liquens e musgo, pedra disgregada e colonización biolóxica que afectaba seriamente a policromía da obra. Na segunda fase prevese tamén intervir na heráldica pequena da Praza do Teucro e noutras da rúa Padre Sarmiento, zona do Campillo, Santa María (Casa Rectoral) e rúas próximas, segundo criterios de selección que atenden ó estado de conservación, accesibilidade e antigüidade; e tendo en conta a opinión favorable dos propietarios e do servicio de Patrimonio da Xunta de Galicia.