A música galega vai madurando e caendo na conta de que no presente é imprescindíbel, cando se edita un disco, acompañalo dun videoclip. Así o entenderon tamén os integrantes de
Som do Galpóm, que presentan agora o vídeo da canción
Quedamos nesa praza, incluído no seu LP
Em terra de ninguém.
En palabras do cantante da banda, Gael Bassave, "foi unha experiencia que nos achegou ao mundo da música profesional". Pola súa banda, os responsábeis do clip, o equipo de
Verve Audiovisual, salientan a dificultade da técnica empregada, unha 'dobre stop motion', un traballo de creación de movemento a partir de fotos estáticas. Para Verve Audiovisual, "Internet demanda que os grupos teñan os seus propios videoclips, así que teñen que ir espertando".