Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XV Xornada Ponte nas Ondas

Revista oral dos tesouros vivos

Desde as 21h na Casa das Palabras, en Vigo.

Redacción - 08:00 05/06/2009

Ponte...nas ondas! presenta, no marco da XV edición da xornada da comunicación, unha revista oral destinada a presentar a proposta dos Tesouros Vivos do Patrimonio Cultural Galego-Portugués.

  • A Revista Oral ten un formato áxil e ameno no que se combina a palabra, a música, o canto e o recitado. Antonio Reigosa, investigador e difusor da literatura de tradición oral coordenará esta sesión que contempla a presenza de portadores do patrimonio galego-portugués chegados desde diversos puntos da Eurorrexión.

  • A Revista Oral será retransmitida en directo por televisión a través de Internet e poderá ser seguida en simultáneo dentro da programación de Ponte...nas ondas! A emisión e realización de televisión correrá a cargo do estudio móbil de Casa de Tolos baixo a dirección de Segundo Grandío.

  • A UNESCO define os Tesouros Humanos Vivos como persoas ou grupos que posúen un saber ou unha habilidade relacionada con calquera disciplina do coñecemento e da cultura. En xeral, podemos considerar a estas persoas como portadores do patrimonio que manteñen e transmiten as diversas expresións do patrimonio inmaterial .

Estes portadores están na comunidade, na sociedade. Temos ao noso lado persoas que transmiten saberes e destrezas aprendidas de xeracións anteriores. A cultura popular sempre estivo mantida polas persoas e as comunidades.

Exemplos de Tesouros Humanos Vivos podemos atopalos en calquera destes ámbitos:

  1. En calquera das tradicións e expresións orais nas que a lingua sexa o soporte da expresión cultural.


  1. Nas artes do espectáculo: danzas, cantos, romarías e rituais festivos que teñan un significado esencial para unha determinada comunidade ou grupo social.


3.- Nos usos sociais, rituais e actos festivos que se realizan durante o ciclo anual.



4.- Nos coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo. Tanto na cultura agraria como marítima encontramos toda unha sabiduría asociada a diferentes prácticas e usos.



5.- Nas técnicas artesanais tradicionais relacionadas con oficios e saberes.







INTERVENCIÓNS:

  • Antonio Reigosa.Escritor e investigador – Presentación


  • Ponte...nas ondas!- O Sistema dos Tesouros Vivos da


  • Xabier Blanco-Músico


  • Cantadeiras de Gargamala. Mondariz


  • Manuela de Barro- Portadora


  • Elba Requijo-Recitadora


  • Diana Gonçalves – Directora documental “Mulleres da Raia”


  • Protagonistas documental “ Mulleres da Raia”


  • Grupo Abertal – Danza tradicional


  • Desgarradas minhotas- Ponte da Barca


  • Pancho Álvarez- Músico


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: