Pode detectar sinais de banda moi larga de móbil, wi-fi, radio e televisión a alta velocidade e con escaso consumo enerxético.
Sarpeshkar e Mandal amosan un esquema do chip / Donna Coveney
Enxeñeiros do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) desenvolveu un novo chip de baixa potencia, alta velocidade e reducido tamaño que se poderá empregar en dispositivos sen fíos para recibir sinais de telefonía móbil, internet, radio e televisión, inspirado no funcionamento do ouvido interno humano.
Os deseñadores do chip son Rahul Sarpeshkar, profesor asociado de enxeñaría electrónica e informática e o seu estudante graduado Soumyajit Mandal, que se basearon no deseño da cóclea. O pequeno aparato é moito máis rápido que ningún outro analizador do espectro radioeléctrico e consome moita menos enerxía.
Chamáronlle ao chip "cóclea de radiofrecuencia", nun traballo que se publicará en xuño no IEEE Journal of Solid-State Circuits. Tamén solicitaron a patente para incorporar o dispositivo nunha arquitectura que procese eficientemente un largo espectro de sinais, como telefonía móbil, internet sen fíos ou FM.
A cóclea artificial copia a estrutura e o funcionamento da biolóxica á hora de converter as ondas sonoras en sinais eléctricos que se lle envían ao cerebro. Pero o chip, en lugar de procesar frecuencias de entre 100 e 10 mil hercios, amplía o límite superior un millón de veces, chegando ás ondas de radio usadas máis habitualmente.
Segundo os investigadores, o proxecto demostra que inspirarse en campos alleos ao propio á hora de desenvolver novas ferramentas pode ser moi produtivo.