Alumnos do IES Leliadoura de Boiro realizaron o curso pasado un proxecto audiovisual sobre o conto publicado en 'Made in Galiza'.
"Hai xente que non lembra como comezou a falar en galego... Eu si", afírmao o protagonista da curta e do relato Eu fixen ouigha co espírito de Castelao de Sechu Sende, publicado no Made in Galiza (Galaxia, 2007). Un encontro sobrenatural con Castelao, a través dunha ouigha realizada na biblioteca dun instituto move a un castelanfalante que ademais refuga completamente do galego e comezar a falar na lingua propia de Galiza.
No curso 2007-2008 alumnos do IES Leliadoura de Boiro realizaron o curso pasado a curta, froito dun Obradoiro Audiovisual organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e impartido pola cooperativa Fungo, de Boiro. Actúan na curta Cousas da Morte Adrián Crujeiras, Leti Brion, Sara Lestón, Raquel Jallas, Nacho Rodiño, Marta López e Xosé Xoán Fernández Gómez. E formaron o equipo técnico Pura Villar, Mónica Paula Montero, Lorena Álvarez García, Elvira Blanco, Fátima Sampedro, Helena López Macía e Óscar Núñez Aguado.