Vieiros achégalles este domingo a reflexión coa que Pilar García Negro mereceu este ano o galardón do certame de artigos normalizadores.
"Bagaría (1882-1940), o extraordinario debuxante que nos deixou magnífica caricatura de Castelao, é o autor dunha viñeta en que aparecen dúas nenas: unha, no primeiro plano, toda descomposta, a berrar e a carpir; a segunda, nun recanto da escena, apouvigada e maltratada. A voz autorial pregúntalle á primeira: «Como choras tanto, se é ela a ferida?» «–Si, pero como mira para min!», quéixase a impostora (...) "A ensinanza está servida: non quen máis berra, quen máis megafonía ten, está asistido da razón"
Así o analiza Pilar García Negro, profesora de Filoloxía na Universidade da Coruña, e autora de traballos e publicacións no ámbito do estudo da sociolingüística e da literatura. García Negro é a premiada este 2009 na V edición do Premio a Artigos Normalizadores, organizado polo Concello de Carballo.
Poden consultalo ao completo no espazo de opinión de Vieiros:
A nena que berra