Coa atención mundial centrada na gripe nova, hai que lembrar os tres millóns anuais de mortes por malaria, un andazo que empeora.
Na metade do planeta existe risco de contraer a malaria, e unha cantidade variábel de até máis de 500 millóns de persoas chega a sufrir febres relacionadas coa enfermidade cada ano. Segundo algunhas cifras achegadas pola comunidade científica até 3 millóns de persoas chegaron a morrer algún ano debido a este mal, equivalente á morte de unha persoa cada 30 segundos.
Coa atención da actualidade sanitaria sobre o abrollo recente da gripe nova, un grupo de investigadores acaba de pedir que os focos se centren na malaria e, de xeito concreto na aparición das primeiras pegadas de resistencia ao que até o de agora é a menciña máis efectiva para combatela. O achado de casos preocupantes de resistencia ao medicamento foron atopados ao oesete de Camboxa e, advirten os investigadores, debera atenderse axiña para non abrir unha verdadeira "catástrofe mundial".
A menciña en cuestión actúa limpando o sangue dos parasitos da malaria, nun proceso de entre dous e tres días. Probas recentes estabelecen que ese proceso chegou a prolongarse agora até entre catro ou mesmo cinco días. En declaracións á BBC, un dos doutores que participaron na investigación recordou que en ocasións anteriores se erosionou a resistencia de menciñas efectivas para o mal que se desta volta acontece o mesmo coa que na actualidade é a mellor arma contra esta enfermidade "a propagación dun parasito resistente desde Asia a África terá consecuencias devastadoras para o control da malaria".