Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FÚTBOL

Ourense e Compostela poñen rumbo a Segunda B

Os ourensáns gañaron 4-0 ao Tudelense e os santiagueses por 3-0 ao Monzón. O Cerceda gañoulle pola mínima ao Peña Sport.

Redacción - 20:10 24/05/2009
O Compostela venceu en San Lázaro

O Compostela venceu en San Lázaro

Ourense e Compostela deron un paso ben firme este domingo para subir a Segunda B. Os ourensáns gañaron no Couto por catro goles a cero ao Tudelense. Logo do recital de goles, o equipo das Burgas só lle resta un, a priori, cómodo partido de volta o vindeiro domingo. Tamén contudente foi a vitoria dos santiagueses. O equipo de Baleato gañou 3-0 a un Atlético Monzón que se viu totalmente desbordado polo Compostela.  

 Máis discreta foi a vitoria do Cerceda. O equipo da Terra de Ordes logrou o único tanto do partido no tempo do desconto. O equipo de Suso Moure que terá o vindeiro domingo un partido complicado en terras navarras que terá que superar se quere seguir loitando polo ascenso. 

 O cuarto dos equipos galegos que loitan polo ascenso, o Montañeros, perdeu o sábado por 1-0 fronte ao Hellín. O equipo coruñés intentará remontar esta fin de semana.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: