A gaiteira e cantante lanza ao mercado o seu terceiro disco: 'Os soños que volven', onde recrea temas que interpretaba na súa infancia. Presentarase en xuño.
Susana Seivane coa súa banda
Coincidindo co décimo aniversario do seu primeiro disco, a gaiteira e cantante Susana Seivane, lanza ao mercado o seu cuarto traballo: Os soños que volven. Estará nas tendas o vindeiro mes de xuño.
Trátase dun disco no que a artista une a súa longa experiencia nos escenarios do mundo e a paixón polo tradicional, recuperando os temas que interpretaba na súa infancia; vellas cancións rescatadas agora, dándolles unha perspectiva actual, marcada polos directos de Seivane.
O disco está composto por 14 temas, e está editado polo selo discográfico da propia Susana Seivane, Enavíes Música. A produción e os arranxos corren a cargo de Seivane e a súa banda. Na gravación colaboraron músicos da talla de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas e Harry Price, entre outros.