Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Trasacordo da Xunta

Volta atrás coa "superdelegación" viguesa?

O voceiro municipal do PP en Pontevedra, Telmo Martín, asegura que a delegada do Goberno en Vigo só xestionará os asuntos das consellarías de Traballo e Mar.

Redacción - 14:30 20/05/2009
Tags:

Asegurou este mércores Telmo Martín, voceiro do grupo municipal do PP en Pontevedra, que os populares da cidade contan coa garantía por parte do executivo liderado por Alberto Núñez Feijoo de que a nova delegación da Xunta en Vigo xestionará unicamente os asuntos das consellarías que na actualidade xa contan con sede física na cidade olívica. De confirmarse isto, significaría que a delegada do Goberno na maior cidade do país tería competencia unicamente no que lle toca ás consellarías de Traballo e Benestar e á de Mar. Ademais, permanece duplicada a delegación de Facenda, con sede tanto en Pontevedra como Vigo.

As declaracións públicas de Telmo Martín ao respecto chegan xustamente na véspera da reunión do Consello da Xunta en Pontevedra. Nun comunicado público este martes, a Xunta confirmaba que a reunión do Goberno deste xoves vaise celebrar na delegación territorial da Xunta na cidade do Lérez. "O Executivo fai efectivo o seu compromiso de celebrar as xuntanzas semanais do Consello da Xunta noutras cidades de Galiza, tendo en conta que se trata dunha xornada festiva na cidade de Santiago, ao coincidir coa celebración do Día da Ascensión", recolle o texto enviado aos medios.

En declaracións aos medios este mércores, os voceiros de PSdeG e BNG na cidade do Lérez consideran que a decisión da Xunta de recortar o proxecto de delegación territorial en Vigo respondería así á presión exercida estes días.


1,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: