Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
UNHA IMAXE PARA O GALEGO

Dálle forma coa cámara á túa lingua

Seguen chegando fotografías nos albores dun prazo que ficará aberto até o 30 de xuño; agora falta que se comecen a animar os concursantes da sección de vídeos.

Redacción - 11:45 19/05/2009
Unha das últimas imaxes recibidas

Unha das últimas imaxes recibidas

Séntate e cavila o que significa para ti a túa lingua, para despois erguerte e procurar debuxalo no visor da túa cámara. Aos que non consigan canalizar esa inmensa difusión que nos abrangue cando pensamos no noso idioma, sempre lles queda coller a cámara fotográfica ou a videocámara e saír á rúa (ou corredoira) e pedirlle ao país que nos explique o que para el significa a o galego.

Animádevos e participade na cuarta edición de Unha imaxe para o galego, certame no que os participantes teñen que expresar mediante fotografías e vídeos o significado que ten para eles a súa lingua. O prazo de entrega de traballos quedou aberto o pasado martes día 12, e non se pechará até o 30 de xuño. Partillade cos lectores de Vieiros a vosa concepción dese patrimonio común en continua construción que constitúe o noso idioma.

Lembrade que o xurado valorará especialmente a orixinalidade, e desaconsella tópicos recorrentes como retratos de persoeiros, bandeiras, libros, letras ou imaxes de xornais impresos. Despois, a liberdade creativa é máxima e só se dan unhas premisas básicas que no concurso fotográfico consisten en prohibir deseños e ilustracións. No concurso de vídeos cínguese a duración máxima aos catro minutos, recomendando un formato cunha duración de entre un e dous minutos.

Podes consultar aquí as bases e os traballos que xa están chegando


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: