Seguimos a recibir achegas para que definas cunha fotografía ou cun vídeo o que significa a lingua para ti. Participa e gaña.
A foto 'Eu nunca serei yo', asinada por Roberto, foi a gañadora da edición 2008
Segue aberto o prazo de recepción de candidaturas para a cuarta edición de Unha imaxe para o galego. O certame leva este ano o título de "O galego no espello", polo que pedimos imaxes e vídeos que propoñan como animar a usar a lingua, como construír un idioma con futuro, que significa a lingua para ti...?
As imaxes candidatas deben ser necesariamente fotografías, e non deseños e ilustracións. Tamén seguimos a ampliar un apartado dedicado ao material audiovisual, con vídeos da mesma temática e con duración moi breve. As bases do certame pódense consultar nese enderezo, onde está dispoñíbel o formulario de envío.
O prazo de recepción péchase o 30 de xuño. Os premios serán unha cámara para a mellor fotografía e unha videocámara, con base e mando a distancia, para o mellor vídeo.
Nesta información incluímos unha breve escolma de traballos recibidos nas edicións anteriores, para que sirvan de inspiración.
'Pelotas', de Alberto Dafonte, gañou o premio do ano 2007
'The invisible man', vídeo de Suso Sanmartin para a edición 2008