Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DURANTE A FINAL DE COPA

RTVE destitúe o director de Deportes por non retransmitir os asubíos ao himno español

O máximos responsábel do ente público anunciou a decisión despois de calificar o acontecido durante a retransmisión do himno como un "erro".

Redacción - 14:30 14/05/2009
Julián Reyes

Julián Reyes

O director de Televisión Española, Javier Pons, anunciou este xoves a destitución do director de Deportes da cadea, Julián Reyes, por non retransmitir en directo os apupos ao himno español durante a final de Copa que xogaron o mércores Barcelona e Athletic de Bilbao. Pons considera o feito un erro "de extraordinaria gravidade" que "non se adecúa á exixencia principal de informar con independencia e rigor que corresponde á televisión pública". Anunciou tamén que comezará unha investigación para depurar outras responsabilidades.

Dixo que o erro veu dado por "unha descoordinación entre a persoa que tiña que aplicar a escaleta e os operadores de cámara". Segundo explicou, percatouse do erro ás 21.57 e chamou rapidamente ao xefe de Deportes para que o correxira. Ao ver que non o facía, Pons decidiu dar a orde de retransmitir o himno español no descanso, antes do comezo da segunda metade do partido.

Posible "exceso de celo"
Pola súa parte o vicepresidente do consello de informativos de TVE, Roberto Lakidain, dixo que o sinal da final chegaba correctamente á sede da corporación pública e considerou "lamentable" que estas non se emitisen. Ao explicar o motivo do erro dixo que se puido deber "ao exceso de celo" por parte dalgún responsábel da cadea ou a "un intento de ir máis alá do que é o papel dunha cadea pública, que consiste en amosar o que sucede".


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: