Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PORTUGAL

Advirten de que usar o portátil Magalhães pode provocar miopía

Os oftalmólogos aseguran que a pequena pantalla do computador portugués pode chegar a prexudicar a visión dos cativos.

Redacción - 11:45 13/05/2009

O computador portátil escolar portugués Magalhães xa está a ter os seus primeiros detractores. A Sociedade Portuguesa de Oftalmoloxía (SPO) alertou de que o tamaño do portátil e das letras, que obrigan a achegarse moito á pantalla para ler, poden disparar os casos de miopía infantil.

Para os oftalmólogos, o uso cada vez maior dos computadores e as distancias de lectura cada vez máis reducidas van prexudicar a visión dos cativos, polo que fixeron un chamamento ao goberno a que informe e sensibilice a poboación sobre a importancia da ergonomía visual.

Segundo a SPO, o uso crecente das novas tecnoloxías está a provocar a chamada 'síndrome da visión de computador', co aumento da prevalencia da miopía, da hipermetropía, do cansazo ocular e do ollo seco. Este último pode chegar a provocar micro-úlceras na córnea e débese á redución da taxa de pestanexo.

Ademais, xa fóra do eido da oftalmoloxía, afirman que unha postura incorrecta perante a pantalla pode derivar en xaquecas, cefaleas, dores lumbares e espasmos musculares.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: