Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza dos sindicatos co presidente

"Unha única medida non é plan", advirte o SLG

O Sindicato Labrego subliña a complexidade da situación e pide ir máis aló de "medidas de choque".

Redacción - 10:55 12/05/2009
Tags: leite SLG

"Non queremos só medidas de choque que nos obriguen a estar repetida e permanentemente en situación de crise", expoñen os representantes do sector leiteiro desde o Sindicato Labrego Galego (SLG). Así o valoraban este luns á saída da reunión co presidente da Xunta, ao respecto das medidas de inspección e control da distribución en favor da transparencia na conformación de prezos propostas polo Goberno.

Esperan desde o SLG que saian adiante as iniciativas prometidas, tales como o cobro das axudas europeas da PAC en xuño e o cobro inmediato das axudas pendentes de 2008, pero advirten de que só axudarán as explotacións a acadar unha liquidez "temporal". "Non son garantía abondo de que as explotacións vaian percibir un prezo polo leite que cubra os gastos de produción", láianse. Por este motivo, o SLG espera que no futuro exista receptividade ao respecto de medidas "estruturais" que "reconduzan" a política leiteira no conxunto da Unión Europea, obxectivo para o cal subliñan a necesidade da existencia dun compromiso de todas as administracións, desde a Xunta até a UE, pasando polo Ministerio do Medio Rural.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: