A militancia saudou cunha grandísima ovación a entrada de Quintana no plenario.
Andando, e con aspecto canso, chegou Anxo Quintana ao Pazo de Congresos perto das 13.30 horas. Antes de entrar no plenario, o até o de agora líder do BNG mostrou a súa seguridade de que os nacionalistas van saír reforzados desta asemblea. Quintana, que agradeceu todas as mostras de solidariedade por unha doenza que sofre, asegurou que se atopa xa mellor de saúde.
A militancia saúdou ao de Allariz cunha grandísima e prolongada ovación. Quintana, moi emocionado, saudou a un auditorio que comezou a berrar a clásica consigna de "benegá, benegá".