Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEXISLACIÓN COMÚN

O Tribunal da UE condena o Estado Español por incumprir a directiva sobre augas

Galiza, entre os gobernos que non estabeleceron as autoridades responsábeis das súas demarcacións hidrográficas.

Redacción / EP - 18:45 07/05/2009

O Tribunal de Xustiza da UE condenou o Estado Español por irregularidades na directiva marco europea da auga nas lexislacións de cinco comunidades autónomas, entre elas Galiza. A norma busca estabelecer un marco de protección de augas superficiais continentais, de transición, costeiras e subterráneas.

A directiva exixe que os estados membros especifiquen as bacías situadas no seu territorio e que as inclúan en demarcacións hidrográficas. Ademais, deberán designar a autoridade competente para a aplicación da norma en cada demarcación, como moi tarde, o 22 de decembro de 2003.

Porén, no Estado Español, a xestión das cuncas hidrográficas regúlaa a Lei de Augas, que delimita as demarcacións de ámbito que lle afecte a máis dunha Comunidade Autónoma, mais non as interiores. A Comisión Europea considera que o Estado Español non cumpriu coas súas obrigas por non designar todas as autoridades competentes nin por llas comunicar a Bruxelas.

Segundo a sentenza, o TUE aclara que as obrigas de delimitación das demarcacións hidrográficas non se pode disociar da designación das autoridades competentes. No caso das lexislacións de Galiza, Euskadi, Andalucía, Baleares ou Canarias a lexislación non recolle unha definición de demarcacións hidrográficas intracomunitarias axustada á normativa comunitaria, polo que se conclúe que tampouco se designaron as súas autoridades respectivas.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: