Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPROMISO DE RETIRALA NOS PRIMEIROS 100 DÍAS

A Xunta decide suspender a Lei de Pesca do bipartito

No seu Consello, o Executivo Feijoo paralizou a entrada en vigor desta norma, para consensuar un novo texto e engadirlle as achegas do sector.

Redacción - 14:06 07/05/2009
Feijoo, presidindo a mesa no consello da Xunta desta quinta feira

Feijoo, presidindo a mesa no consello da Xunta desta quinta feira

Esta quinta feira o Consello da Xunta decidiu suspender a entrada en vigor da Lei de Pesca -prevista para o vindeiro 16 de xuño-, desenvolvida polo goberno de PSdeG e BNG.

Esta decisión, segundo sinalaron dende o Goberno, supón "o cumprimento do compromiso electoral" de retirar a norma nos primeiros 100 días de Goberno, e elaborar unha nova lei que atenda as principais reclamacións do sector pesqueiro. Para isto, a Consellaría do Mar quere consensuar cos actores do sector unha nova norma "que atenda ás súas principais reclamacións". Esta medida tamén anula os efectos derrogatorios desta Lei sobre outras normas anteriores.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: