Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Reforma de telecomunicacións en debate

O Europarlamento rexeita o bloqueo sen orde xudicial das conexión á rede

Sae adiante a emenda que esixe que o corte do acceso aos internautas só poida realizarse se o autoriza un xuíz.

Redacción - 18:15 06/05/2009

Con 407 votos a favor, 57 en contra e 171 abstencións, aprobouse a emenda ao paquete de reforma da normativa de telecomunicacións que estabelece a necesidade dunha orde xudicial no caso de que un fornecedor de internet queira restrinxirlle o acceso á rede a un usuario. O Parlamento Europeo bloquea así a polémica iniciativa que chegaba á cámara coa beizón de todos os estados membros e que foi duramente criticada por colectivos de internautas.

Pero o desafío da reforma a debate esta semana na UE é maior. "A rede tal e como a coñecemos está en perigo", sinalan por exemplo desde a bitácora Blackout Europe, unha das webs implicadas activamente na loita contra a reforma de telecomunicacións en debate esta semana no Parlamento Europeo. "Vánselle ofrecer á xente paquetes do estilo dos da TV, cun número limitado de opcións para acceder", denuncian, "é dicir, o teu acceso a internet estará limitado segundo o paquete que teñas contratado, non poderás acceder a todas as páxinas, senón só a aquelas que constan no teu paquete". "Crearanse cubículos de accesibilidade a internet", advirten. Nesta mesma web poden atopar un modelo de carta que convidan a enviarlle aos eurodeputados en protesta pola reforma en debate. Na web da Asociación de Internautas poden atopar tamén ampla información sobre o polémico paquete de telecomunicacións.

"O que se vota é resultado da presión de tres dos lobbies máis fortes do mundo: o político, o das telecomunicacións e o dos dereitos de autor", escribe ao respecto o coñecido blogueiro galego Enrique Dans.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: