Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Incremento do 213%

Construtoras e inmobiliarias concentran as crebas no que vai de ano

Dispárase a estatística que rexistra empresas e familias que se declararon en concurso de acredores: 72 no primeiro trimestre.

Redacción - 14:00 06/05/2009

Até un 213% máis de empresas e familias aparecen entre xaneiro e marzo na estatística das que se declararon en concurso de acredores (suspensión de pagamentos e quebras). Segundo o tipo de concurso, 71 foron voluntarios e unicamente un foi necesario. Atendendo á clase de procedemento, os abreviados foron 47 (aumentaron un 213% en taxa interanual), mentres que os ordinarios foron 25 (repuntaron un 212,5%). O 41,07% das empresas concursadas no primeiro trimestre (23) tiñan como actividade principal a construción e a promoción inmobiliaria, o 25% estaban relacionadas coa industria e a enerxía (14), e o 17,85% co comercio (10).

Do 83,92% das empresas que entraron en concurso en Galicia entre xaneiro e marzo, en concreto 47, eran sociedades de responsabilidade limitada, mentres que 5 eran sociedades anónimas (o 8,92%) e 4 eran persoas físicas con actividade empresarial. O número de familias que se declararon en quebra entre xaneiro e marzo en Galicia alcanzou as 16, o que multiplica por catro a cifra rexistrada no trimestre anterior e por oito a de hai un ano. En canto ás empresas, iniciaron proceso concursal 56, o que representa só un caso máis respecto ao último trimestre de 2008 e un 166,6% máis, se se compara co mesmo período de exercicio anterior. No conxunto estatal, a variación foi do 266,6% con respecto ao primeiro trimestre de 2008, mentres que o incremento en relación cos últimos tres meses do ano anterior foi do 44%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: