Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DISPUTARASE EN SUECIA

Catro galegas no trofeo europeo de rugby

Xogadoras do Club Rugby Lalín e do Universidade da Coruña competirán coa selección estatal no torneo que se celebrará do 17 ao 23 de maio.

Redacción - 13:12 06/05/2009
Catro mozas representarán ao rugby galego en Suecia

Catro mozas representarán ao rugby galego en Suecia

Catro mozas galegas participarán entre os días 17 e 23 deste mes de maio nun torneo que se celebrará en terreo sueco, competindo coa selección estatal. Trátase de Rocío García Eiras (C.R. Lalín), Berta García Alonso, Paula Medín López e Ana Vanesa Rial López (estas tres do C.I.P. Universidade da Coruña).

O equipo estatal competirá no grupo 'B', contra Italia, Alemaña e Suecia. Do outro lado estarán Escocia, Holanda, Rusia e Bélxica. Os partidos xogaranse nas localidades de Enköping e Stockholm e as dúas primeiras clasificadas de cada grupo acadarán a clasificación para o mundial que se celebrará en Inglaterra no 2010.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: