O líder do PSE promete darlle pulo a unha nova etapa sen rupturas e baseada no consenso. No seu adeus, Ibarretxe reprocharalle a súa negativa ao acordo co PNV.
Patxi López relevará, tras a sesión de investidura desta terza feira, a Juan José Ibarretxe como lehendakari
O histórico cambio de liderado en Euskadi quedará sinalado no tempo co discurso de investidura que prenunciará esta terza feira no Parlamento Vasco o socialista Patxi López, que estará dominado por un ton conciliador. Nesta nova etapa, López xa sinalou un obxectivos prioritarios: a unidade, para conseguir a paz e para terminar coa crise.
Segundo o propio líder dos socialistas vascos, o pacto co PP vasco, que o ha levar ao poder en Euskadi ha ser só "o primeiro de moitos, abertos a todas as forzas políticas". Mais este acordo cos populares non foi selado a gusto de todos. De feito, o lehendakari en funcións, Juan José Ibarretxe (PNV) despedirase cunha mensaxe política dirixida a López, na que lle reprochará non ter chegado a un acordo co seu partido, e facelo cos populares.
López chega á súa cita coa historia co menor número de avais que nunca un candidato a mandatario presentou na Cámara de Vitoria-Gasteiz, mais sairá do maratoniano pleno con votos abondos para suceder a Ibarretxe como próximo inquilino de Ajuria Enea, converténdose no sexto lehendakari da historia de Euskadi. Ademais dos 25 parlamentarios socialistas, López contará co apoio dos 13 do PP, e o único representante de UPyD. Polo seu lado, Ibarretxe poderá contar co apoio dos 30 membros do PNV na Cámara, xa que nin Aralar, nin EA, nin EB fixeron pública a súa intención de voto.
A noticia nos medios de Euskadi: