Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'THE LIMITS OF CONTROL'

Luís Tosar participa no novo filme de Jim Jarmusch

A película estréase este mes nos Estados Unidos, e chegará antes de final de ano ás pantallas españolas.

Redacción - 12:40 04/05/2009

The Limits of Control é o primeiro filme de Jarmusch dende o Flores Rotas (2005) protagonizado por Bill Murray. Na película o director de Dead Man, Baixo o pesar da lei ou Strangers than paradise regresa a un dos seus temas favoritos: o retrato dunha persoa solitaria que vive á marxe da lei, neste caso encarnado polo marfileño Isaach de Bankolé, habitual nos filmes de Jim Jarmusch. Tamén repite no elenco da película Bill Murray, nun papel secundario, que acompaña a un bo número de actores, como Tilda Swinton, John Hurt, Gael García Bernal Oscar Jaenada e Luís Tosar.

O filme rodouse en parte en España, en Sevilla e Madrid, e foi preestreado esta fin de semana nos Estados Unidos, aínda que non chegará ás salas até final de mes. En Europa aínda haberá que agardar un pouco máis para vela, até o outono. A película recibiu xa algunhas críticas desfavorábeis en Norteamérica, por exemplo na revista Variety, onde mesmo falan de "vacuidade artística" e de "autoparodia". En cambio, as revistas especializadas, como Screen, destacaron que se trata do traballo "máis escuro e elíptico" de Jarmusch: "é un puzzle envolto nun soño, unha imaxe borrosa entre a realidade e a conciencia, con imaxes e sons que se empeñan en rexeitar as convencións rítmicas e narrativas".


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: