Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No congreso do próximo mes de xuño

Francisco López 'Chesqui' será candidato a presidir o Partido Galeguista

O grovense fixo público este xoves a súa candidatura en favor dun "partido so sentido común, centrado en, por e para Galiza".

Redacción - 12:00 01/05/2009

"Un Partido Galeguista que sexa a formación política na que se sintan identificados os sectores produtivos deste gran país que é Galiza: os mariñeiros, os mariscadores e mariscadoras, os gandeiros, etc. Temos que ser quen de darlle unha solución ao gravísimo problema que están padecendo miles de explotacións gandeiras devido a baixa nos prezos da leite, pola competencia dos propios países da Comunidade Europea". Así expoñía esta quinta feira n'O Grove a súa candidatura Francisco López 'Chesqui', quen aspira a acceder ao liderado do PG o próximo mes de xuño.

Na súa intervención, chamou á conformación dun "gran pacto en defensa de Galiza" que una voces de todos os partidos políticos, sindicatos, asociacións empresariais e autónomos, "para estudar conxuntamente aquelas medidas a tomar que nos axuden a saír da crise económica na que estamos sumidos, no menor tempo posíbel". Outra das prioridades que citou para o traballo da formación política que aspira a liderar e a petición da confección dun plan de ordenación do territorio e a revisión do plan do litoral, incluíndo a desafectación dos núcleos tradicionais de diversas vilas costeiras do país.

Poden ampliar na bitácora Canle Galeguista e na web do Partido Galeguista.


1,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: