Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Coa escusa da crise

Sindicatos de ensino, transporte e comunicación unen voz contra precariedade e privatizacións

Alertan de que o actual escenario económico está sendo aproveitado pola patronal para "facer aínda máis precarias as condicións dos traballadores galegos e privatizar os servizos públicos".

Redacción - 09:30 01/05/2009

Defender os investimentos públicos para crear emprego na educación, nos medios públicos, nos transportes e noutros sectores é reivindicación prioritaria do manifesto conxunto, presentado con motivo do 1ª de Maio, polos representantes de tres sindicatos independentes: Alfredo Iglesias, do Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG), Manuel Pérez, do Sindicato Ferroviario- Intersindical (SF-Intersindical) e Xurxo Salgado, do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG).

Os tres colectivos coinciden en alertar do risco dunha inminente privatización de máis servizos públicos "coa consecuencia directa dunha perda de dereitos da cidadanía". Por este motivo, unen forza na defensa dunha "educación pública e laicas", "un transporte público social e de calidade" e uns "medios de comunicación plurais e obxectivos, contrarios ao actual modelo de precarización da información".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: