A luguesa chegou primeira nunha das carreiras máis importantes de Europa e ademais conseguiu a marca mínima para o Mundial de Berlín.
Sandra Aguilar
Espectacular vitoria esta fin de semana de Alessandra Aguilar en terras alemás. A maratón de Hamburgo tivo podio galego na categoría feminina, nunha carreira gañada pola luguesa cun tempo de 2h29'01'', é dicir, con ampla marxe por baixo da marca de 2h32' fixada como barreira para acudir aos vindeiros Mundiales de Berlín.
Cun fortísimo ritmo desde os primeiros quilómetros da carreira, que non foi quen de seguirlle ningunha rival, a atleta galega impúxose así á etíope Tigist Abdi Sheni, que chegou segunda cinco minutos despois, cun tempo de 2h34'01'' e á alemá Ulrike Maisch, que fixo terceira con 2h34'28''. Con todo, a galega quedou lonxe do récord da proba, estabelecido nunha edición anterior pola rusa Irina Timowejewa en 2h24''14'. Aguilar, que compite coas cores do FC Barcelona, marca así o seu mellor crono nas tres maratóns disputadas até o de agora, despois da de Rotterdam e a olímpica de Beixín.
Na categoría masculina o vencedor foi o kenyano Solomon Tside, con 2h11'47''.