Este venres remata o prazo para participar en 'Ferve a Rede'. Unha viaxe a Bruxas e unha estadía en Amarante están en xogo.
Seguen chegando relatos, textos que falan de visitas ao xinecólogo: "Móvelo cara os lados e de arriba a baixo, a ritmo moi lento e pausado. Ouzo como resbala entre as miñas paredes quentes e humidas...e gosto de sentilo porque é grande e longo, como de metal, ¿halo untado con algo?, está frío, sii...si segues así e me rozas cos teus dedos, voume a correr e terei que disimular...". Xogos de retranca e equívocos. Descricións que fan subir a temperatura da rede: "o meu latexar golpeando, a respiración acelerada, e a súa man descendendo ata ó meu centro..., crin morrer, unha ola de pracer envolveume ata sentir que morría empapada en ganas de el".
Quentes excursións ao Courel: "Cando case non podía máis, penetrouna baixo un parasol de ourizos e castañas. Sete minutos despois, a caída dun ourizo anunciou o primeiro orgasmo. Fixérono outra vez máis quecendo aquel souto onde nunca se atrevera a penetrar o sol". Ou historias do servizo de urxencias dun hospital que convencen do necesarios que son os tuppersex: "Que se un pepino atorado, que se unha botella de cola de nome comercial coñecido que fixera baleiro e era imposíbel sacar, que se unha salchicha partida pola metade... Toda a noite, toda, escoitando as desculpas máis inverosímiles (...) Foi así como me fixen distribuidora de tuppersex".
Son algunhas das últimas historias que chegaron a Vieiros. Son case duascentas, a só un día de que remate o prazo para recibir novos relatos. Unha viaxe para dúas persoas a Bruxas e unha estadía dunha fin de semana en Amarante (Portugal) están en xogo. Quen se atreve?