Na III Mostra de Teatro non Profesional do Miño representaranse seis pezas de grupos de Galiza e Portugal.
Este evento xurdiu co obxectivo de se converter en plataforma que permitise a grupos teatrais non profesionais de Galiza e Portugal (ou calquera outro lugar da Lusofonía) ampliar o circuito de representacións, infelizmente tan reducido e limitado ao ámbito máis local. Esta mostra premia os mellores traballos apresentados, pero por riba de todo homenaxea o esforzo e a ilusión de millares de persoas que dedican boa parte do seu tempo e paixón ao mundo do teatro. Os días 24, 25 e 26 de abril as vilas da Guarda e Goián (Tomiño) acollerán a representación das 6 pezas que foron seleccionadas polo Xurado da Mostra de entre os máis de 30 traballos apresentados a concurso por grupos teatrais galego-portugueses.
Programa
Venres 24 de abril
20.30. Auditorio Municipal de Goián (Tomiño). Dormes?. IES Manuel García Barros (A Estrada)
22.00. IES da Sangriña (A Guarda). Conversas na cuneta mentras a vida pasa alá fora. O Trasno Novo Teatro (Vigo)
Sábado 25 de abril
20.30. IES da Sangriña (A Guarda). Ponte da Lima em Festa. Associação Cultural Unhas do Diabo (Ponte da Lima)
22.30. Auditorio Municipal de Goián (Tomiño). A magia da inocência. Associação Cultural e Recreativa de Arcozelo. (Arcozelo - Ponte da Lima)
Domingo 26 de abril
18.00. IES da Sangriña (A Guarda). Adeus Kantor. Asociación Teatral Paso de Valverde (A Coruña)
20.00. Auditorio Municipal de Goián (Tomiño). Auto da Hibris. Associaçao Juvenil de Deão (Viana do Castelo) & Lohengrin Teatro (Vigo)
21.30. Premio do público e peche.