A ex alcaldesa e actual líder do PP local, presidirá unha institución clave na metrópole.
Aparecía tamén nas quinielas como posíbel delegada da Xunta en Vigo, ou como xa se bautizou mediaticamente o posto, superdelegada, o novo cargo que anunciou o presidente Alberto Núñez Feijoo que se creará en breve. Pero finalmente, Corina Porro sería a escollida para presidir a Autoridade Portuaria de Vigo. O ruxerruxe confírmao como noticia a edición deste mércores do Faro de Vigo, asegurando que o nomeamento de Porro vai asinarse nas próximas horas
O nomeamento correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente e Territorio, Agustín Hernández, quen antes deberá cesar do seu cargo o actual responsábel da entidade, o socialista Xesús Paz. Posteriormente, o procedemento deberá completarse coa formalidade da sinatura do responsábel do Ministerio de Fomento, Xosé Blanco.