Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Toma de posesión

Rosa Quintana ofrece "diálogo", mais antepón o cumprimento do programa

A nova conselleira do Mar mostrou a súa satisfacción porque este novo departamento teña competencias sobre os portos.

Redacción - 18:15 20/04/2009
Rosa Quintana, con Feijoo, durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)

Rosa Quintana, con Feijoo, durante a súa toma de posesión (clic para ampliar)

A nova conselleira do Mar, Rosa Quintana, mostrou a súa satisfacción porque este novo departamento teña competencias sobre os portos, xa que, ao seu xuízo, era unha expectativa creada hai tempo no sector pesqueiro, "que os portos dependan da Consellaría onde se toman as decisións".

Quintana agradeceu á súa antecesora, Carme Gallego, o "detalle" de elaboración dos informes con traballo feito e os asuntos pendentes de "un dos sectores máis importantes" de Galiza.

A nova titular de Pesca ofreceu "diálogo" ao sector, aínda que indicou que deberá cumprir o programa electoral que fixo que o PP gañase as eleccións do pasado 1 de marzo.

Pola súa banda, Gallego desexoulle "moitos éxitos" á nova conselleira e ao seu equipo e recordou a necesidade de estabelecer interlocución directa cos cidadáns neste sector.


1,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: