Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Frea os peches previstos

Citroën aumenta produción e mantén quenda de noite

A empresa calcula a produción até o verán de 25 mil vehículos, o que garante o traballo para uns 900 empregados eventuais.

Redacción - 18:25 17/04/2009

"Non significa que se estea saíndo da crise", apuntan desde o grupo empresarial automobilístico, indicando que se trata dun aumento de produción "puntual". Unha "mellora" da que afirman non necesariamente se estenderá no tempo pero que a curto prazo significa un significativo aumento de produción.

Na práctica, esa demanda extra de arredor dos 25 mil coches permitirá o mantemento da quenda de noite do chamado sistema 1, que Citroën tiña previsto pechar o próximo 30 de abril e que agora continuará cando menos até setembro. O grupo PSA atribúelle a viraxe na tendencia ao aumento da venda en países como Alemaña, Francia e Italia, debido ás axudas impulsadas para o estímulo do mercado da automoción.


3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: