Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CICLISMO

O chileno Carlos Oyarzun gaña a etapa raíña da Volta

O corredor do Supermercados Froiz avantaxou en sete segundos ao galego Enrique Salgueiro, que se mantén lider da proba.

Redacción - 20:00 16/04/2009
Enrique Salgueiro manténse como líder da carreira

Enrique Salgueiro manténse como líder da carreira

O ciclista chileno do Supermercados Froiz Carlos Oyarzun impúxose na segunda etapa da Volta ciclista a Galiza. A etapa entre A Coruña e Porto do Son deparou un fermoso espectáculo de ciclismo puro, con continuos ataques e escapadas.

A tirada remataba no Alto de Eixas e até o pé da ascensión chegou en cabeza un grupo formado polo ruso Arkimedes Argüeyes, Mikel Landa, Rafael Rodríguez e o propio Carlos Oyarzun. No comezo da subida Oyarzun cambiou de ritmo bruscamente e deixou atrás aos seus compañeiros de viaxe. Por detrás o primeiro clasificado da xeral, Enrique Salgueiro, tamén arrancou procurando a defensa do liderado e rematou superando aos outros tres escapados e chegando na segunda posición, a só sete segundos de Oyarzun.

Despois desta xornada a xeral queda encabezada por Enrique Salgueiro (Extremadura - Spiuk), con 20 segundos de vantaxe sobre Carlos Oyarzun (Supermercados Froiz) e un minuto sobre Gustavo Rodríguez (Cidade de Lugo). Mención especial merece o campión do mundo de triatlón, Xavier Gómez Noya, que está competindo co equipo Renault Caeiro e ocupa actualmente o 12º lugar na táboa a só un minuto e 38 segundos do líder.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: