Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segunda xornada de investidura

Feijoo asegura que chega cun "programa realista" e inspirado no "galeguismo cívico"

O líder do PPdeG e candidato á presidencia da Xunta rexeitou as críticas á suposta "vaguidade" da súa intervención do martes e insistiu en que contiña 174 propostas.

Redacción - 15:45 16/04/2009



"Na unión dos bos galegos está da patria o porvir". Con esta cita de Curros Enríquez finalizaba este xoves Alberto Núñez Feijoo a súa contestación á análise que os voceiros dos grupos parlamentarios fixeron do discurso co que o pasado martes solicitaba a confianza do Parlamento para converterse no novo presidente da Xunta.

Insistiu o líder do PPdeG en que a súa chamada ao pacto entre as forzas parlamentarias "non ten data de caducidade" e dixo esperar que "cando menos nos grandes temas" sexa posíbel o diálogo e o acordo entre os tres grupos. "Os nosos militantes traballan xuntos todos os días en todo o país, sexan mariñeiros ou funcionarios", afirmou, ao tempo que aludía á posibilidade de atopar puntos comúns na loita fronte á crise económica e no uso das "ferramentas do autogoberno" para paliar os problemas dos cidadáns. "Na Galiza real non hai motivos para esa resistencia", argumentou logo de escoitar os reproches da oposición, insinuando de paso que "esa resistencia está baseada na provisionalidade dos seus liderados".


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: