Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SEMANA DE POESÍA SALVAXE

A palabra bótase á rúa en Ferrol

Entre o mércores e o sábado, poetas como Carlos Oroza, Leire Bilbao, Déborah Vukusic ou Olaia Cociña ocuparán as prazas e mercados da cidade.

Redacción - 09:30 15/04/2009

Carlos Oroza, Leire Bilbao, Carlos Santiago, Marcos Lorenzo, Paco Pestana, Olaia Cociña... Regresa a poesía ás rúas, mercados e prazas de Ferrol, do mesmo xeito que o fixo o pasado ano, coa vontade de reconquistar estes espazos, de chamar á palabra coa palabra, de escandalizar se é posíbel, de sorprender cando menos. Repite, en sesión dobre, Carlos Oroza, integrante da xeración beat nacido en Viveiro, misturado coas voces novas de Olaia Cociña ou a vasca Leire Bilbao.

Despois de percorrer prazas de abastos e bares, a semana pecharase nun espazo moito máis requintado, o Teatro Jofre, cun concerto de reinterpretación do repertorio de Golpes Bajos que contará coa presenza de Germán Coppini na voz, ao que acompañará o comando Delta, un grupo de 11 músicos de acción directa, integrantes da OMEGA (Orquestra de Música Espontánea de Galiza).

Karlotti abre esta tarde, canda a Guillermo Ferrández, a semana de Poesía. Estivo xa na primeira edición e expresa nun texto que anticipa a apertura do evento o seu espíritu: "Abonda xa de xogos de palabras, de artificios de sintaxe, de malabarismos formais (...) Ante unha Europa momificada dentro das ataduras das súas fronteiras, conxelada na súa lóxica de dúas máis dúas son catro mil (...) ante esta realidade e empregando a súa mesma lóxica só nos queda constatar o moito que todo isto fede (...) Ante isto só nos queda Rir e Resistir, esta é a cuestión. E a poesía esta en condicións de ser ferramenta de alegría e resistencia (...) A poesía en definitiva é este raio que non cesa e que nos alumea en momentos como estes nos que á desolación e ao saqueo lle chaman crise. A poesía é filla de ninguén e sabe a sangue de cada un".

Programa completo

Mércores 15 de abril
18.30. Guillermo Ferrández & Karlotti. Quiosco do Cantón
23.00. Carlos Santiago. Pub Cazadores

Xoves 16 de abril
13.00. Déborah Vukusic. Mercado da Magdalena
18.00. Marcos Lorenzo. Rúa Real
22.00. Sin Red. Capela do Torrente

Venres 17 de abril
17.00. Leire Bilbao. Ferrol Vello, porto
18.00. Paco Pestana. Praza de Amboaxe.
23.00. Olaia Cociña + Carlos Oroza. Pub Carteles.

Sábado 18 de abril
13.30. Carlos Oroza. Pub Cazadores
20.30. Germán Coppini + Comando Delta. Teatro Jofre.


4,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: