Gravou o primeiro filme de 35 mm en galego, 'Retorno a Tagen Ata' (1974). Foi un dos impulsores do Festival de Cinema Independente de Ourense.
Eloi Lozano
Esta noite faleceu, despois dun ataque ao corazón, Eloi Lozano, un dos nomes máis destacados na construción do cinema en Galicia dende os anos setenta. Foi o primeiro cineasta en facer un filme en 35mm en galego Retorno a Tagen Ata (1974) e participou na videocreación dos anos 80 con traballos como Numeralia ou Catro escultores. Ademais, restaurou El carro y el hombre (1941), de Antonio Román.
Fundou a produtora Off Filmes, e foi un dos impulsores do Festival de Cinema Independente de Ourense. En 1999 dirixiu a súa primeira longametraxe, Bellas durmientes e máis adiante unha serie de TV sobre arquitectura contemporanea, 'Idea e Territorio' e o documental 'Quen son?'.
O cineclube en rede FlocosTV réndelle homenaxe este martes coa estrea de Catro escultores. Na mesma páxina poden verse xa Numeralia e El carro y el home.