Algo máis dunha hora na que se percorre a evolución deste club da Mariña que loita agora por acompañar a Lobelle e Ázkar na máxima división estatal.
Este sábado día 18 de abril estréase no auditorio municipal de Burela o documental Marea laranxa, que repasa a historia do Burela Fútbol Sala. O documental foi feito polo departamento de comunicación do club, e nel mestúranse imaxes de encontros con declaracións de xogadores, afeccionados e outras persoas próximas ao club.
Este equipo naceu no ano 2001,aa e viviu dende entón unha meteórica ascensión que os levou a estar loitando polo ascenso á máxima categoría estatal. Precisamente, a estrea deste documental coincide co mellor momento deportivo da historia do club, que lidera o seu grupo da liga de ascenso á máxima división estatal de fútbol sala. Así, o mesmo sábado o equipo xogará o cuarto encontro desta liga que remata o vindeiro 30 de maio, que podería permitir aos burelás unirse a Lobelle e Ázkar como representantes do país na elite deste deporte.
Xa está dispoñíbel un avance do documental Marea laranxa, pendurado polo club en YouTube.