Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O 'Nobel' arquitectónico

O suízo Peter Zumthor leva o premio Pritzker 2009

O máximo galardón no eido da arquitectura recoñece este ano o "talento, visión e compromiso" dun creador pouco coñecido fóra dos ámbitos especializados.

Redacción - 13:30 13/04/2009
Peter Zumthor, premiado co Pritzker en 2009

Peter Zumthor, premiado co Pritzker en 2009

Segundos os expertos, as Termas de Vals, no cantón suízo de Graubünden, son a obra mestra do arquitecto Peter Zumthor, gañador en 2009 do Premio Pritzker, que acaba de ser comunicado polo xurado. Na altura dos seus 65 anos, Zumthor recibirá oficialmente o galardón o próximo 29 de maio, nunha cerimonia que este ano acollerá a cidade de Bos Aires.

O xurado destacou que se trata dun profesional "admirado" polos seus colegas en todo o mundo por un traballo "ben orientado, sen ataduras e excepcionalmente determinado". "Todas as súas construcións teñen unha forte e eterna presencia", subliñan. "Ten un talento pouco común para combinar un claro e rigoroso pensamento cunha dimensión verdadeiramente poética, dando en traballos que nunca deixan de inspirar", apunta o xurado.

Na web oficial do Premio Pritzker, poden ampliar información sobre Zumthor e a súa obra arquitectónica. En anos anteriores, o premio fora outorgado a Álvaro Siza (1992), Rafael Moneo (1996), Zaha Hadid (2004) ou Jean Nouvel (2008).


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Neste vídeo dos rapeiros Liricas Analas, cantan en romanche, poden ver o interior das Termas

Capela de San Nicolás, outra recoñecida obra de Zumthor
Capela de San Nicolás, outra recoñecida obra de Zumthor