Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A OUTRA CARA DA CRISE

Unha empresa do Porriño contrata 25 persoas nunha ETT logo dun Expediente de Regulación

A CIG denuncia que, mentres tanto, estivéronse a realizar horas extra, mesmo nas fins de semana

Redacción - 18:18 08/04/2009

A crise que está a xustificar moitos Expedientes de Regulación de Emprego (EREs) é nalgún caso, cando menos dubidosa. Así o vén de denunciar a CIG. Segundo o sindicato nacionalista, o Grupo Antolín PGA do Porriño contratou a 25 traballadores por medio dunha Empresa de Traballo Temporal (ETT) poucos días despois dun ERE que, entre o 20 de febreiro e o 5 de marzo, afectou ao 90% do persoal. Neste tempo “realizáronse horas extras mesmo nas fins de semana, e contratáronse transportes especiais para servir pezas ao cliente poque non había stock abondo”, explica Felipe Domínguez, presidente do Comité de Empresa. Dende o comité sinalan que, mentres isto ocorría, os traballdores tivemos problemas co cobro da prima de produción e calidade”

Poden ampliar esta información na páxina da CIG


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: