Un grupo de estudantes galegos da UNED participa no proxecto de deseño duns microsatélites que estarán no espazo no ano 2010. Vexa o vídeo no interior.
Germán Carro, coruñés, é vicepresidente da rama de estudantes de IEEE-UNED, unha organización que colabora nun proxecto da Axencia Espacial Europea: deseñar o sistema de comunicacións para catro microsatélites que se lanzarán ao espazo a finais do ano 2010. Falamos con el, coincidindo coa súa presenza en Xuventude Galiza Net, onde participou na coordinación das competicións de robótica.